A Fed. Itaca é membro de
Quen somos
- Federación
- Páxina Inicio
- Local Social
- Faite Socio/a
- Contacta
Sendeirismo
- Actividades
- Fichas de Rutas
- Asoc. Carricanta
Gastronomía
- Actividades
- Asoc. A Troita
Xogos
- Actividades
- Asoc. Itaca
Fotografías
- Imaxes
Publicacións
- A Revista
- Páxina Aberta
Enlaces
- Páxinas Amigas
Outras
- Documentos
- Historico Novas
O Foro de Itaca
Opinións
Histórico
Histórico de novas
POLBO 2007
Publicada o 18/07/2007
Unha noite máis o polbo faise carne na Troita do Pombal. Entrantes de polbo á feira e morcilla de Burgos con Pemento, de cheo un Quiche de verduras e polbo á portuguesa e, para lamberse, un queixo con marmelo e bavaroise de pexego. Cafe, licores e cantarea. Todo isto alumeado polos foguetes do apostolo que bendeciran a sagrada comunión.
[+] Máis
Asinado: Troita
ROTEIRO POLA RAIA
Publicada o 13/03/2007
Pois si, iso é! Itaca ponse a andar de novo. Desta volta toca visitar aos/ás nos@s colegas portugues@s. Do 31 ao 4 de Abril andaremos a percorrer os montes da raia e pararemos nun albergue de Tomiño.
[+] Máis
Asinado:
PATEADA NESTA PONTE
Publicada o 28/11/2006
Pois si! Botamos a andar outra vez. Tódol@s rapaces/zas de 12 a 17 anos quedades avisad@s. E desta volta imos á Serra de San Mamede. A parte da natureza que imos contemplar, tamén poderemos desfrutar e aprender no Eco-espazo de As Corcerizas.
[+] Máis
Asinado:
COMEZOU O NOSO CURSO!!
Publicada o 17/11/2006
non é que esteamos contentos por ter que madrugar ou volver ás aulas senón porque volve a bulir Itaca. Comezaron @s pícar@s co seu espazo tódolos venres, Volverá haber pateadas cada pouco, e hai Descubre Itaca _Eh?! _Si, é unha actividade nova pensada para rapaces/zas dende os nove anos tódolos MÉRCORES DE 19H A 20H30
[+] Máis
Asinado:
ENCONTRO DE ASSOCIAÇOES JUVENIS EM PORTO
Publicada o 17/11/2006
Itaca non podía faltar a esta cita cos nos@s veciñ@s e aló imos o Sábado cara ao Sur a facer o camiño só polo gusto de facelo como cantaba un amigo catalán. Xa vos contaremos!
[+] Máis
Asinado:
GRANDE FESTA INICIO DE CURSO E RECORDO DO ACAMPAMENTO
Publicada o 05/10/2006
O día 15 de Outubro será un momento de reencontro e recordos ó que estades tod@s convidad@s. Ás 17:00h. tod@s no local de Itaca ou perderédesvos moitas sorpresas.
[+] Máis
Asinado:
III FRIQUITÓN
Publicada o 21/09/2006
As Brigadas de Vicio e Subcultura (o grupo de rapaces expertos en rol, cibernética e lecer, da Asociación Xuvenil Itaca) organiza o terceiro Friquitón (maratón de cinema friqui) esta fin de semana. Comezará na medianote do sábado, aínda que cómpre estar antes para dispoñelo todo, e rematará o luns ao mencer. Aproximadamente trinta e tres horas de Ciencia Ficción, con certa tendencia ao Ciberpunk, comida, bebida (sen alcol) e sacos de durmir polo chan!
[+] Máis
Asinado: Itaca
SAN XOÁN
Publicada o 11/06/2006
Temos que ir practicando para chimpar veces impares sobre as cacharelas, e pensarmos en que boneco imos queimar este ano. Facemos a cacharela onde sempre, na Carballeira de San Lourenzo (detrás das piscinas), o 23 pola tardiña e noite. Aí nos vemos, entre chourizos, pandeiretas e saltos por riba do lume de San Xoán, "para que non nos trabe nin serpe nin can."
[+] Máis
Asinado: Itaca
XA NOS PODEMOS APUNTAR PRO ACAMPAMENTO
Publicada o 11/06/2006
Xa estamos ás portas do verán... Xa temos que revisar mochila, saco e botas, e comprobar que todo está listo para marcharmos de campamento. Porque, benquerid@s soci@s... Xa está aquí! Xa logo veñen eses diíñas que temos para durmir en tendas, patear camiños, cociñar os nosos menús e facer os nosos bocatas itaqueiros, rir, xogar, chapuzar na auga, argallar nos obradoiros, cantar e bailar, e sobre todo convivir e facernos ben amig@s. XA ESTÁ AQUÍ O ACAMPAMENTOOOOOOOOO!!!!!!!!!!!
[+] Máis
Asinado: ITACA
CONCERTO POLA LINGUA
Publicada o 10/05/2006
O Foro da Mocidade (A.X. Itaca, Galiza Nova, Asociación Parrulos, Espazo Aberto Galiza e Casa Encantada) organiza de novo o seu tradicional concerto pola Lingua. Desta volta, será pola tarde-noite do martes 16 (xusto antes do Día das Letras), na Alameda compostelá.
[+] Máis
Asinado: Asociación Itaca
HISTORIA DE COMPOSTELA DENDE OS VIÑOS DOS SEUS BARRIOS
Publicada o 14/01/2006
Presentamos esta historia de Compostela, feita dende "a importancia que foron tendo as xentes que moitas veces quedaban incluso fora das murallas medievais", como se recolle no Prólogodo libro (que podes ver pulsando o botón de abaixo +mais). A troita está satisfeita coa acollida que está tendo en Compostela e nos medios de comuncicación. Se queres mercar o libro, ao prezo de oito euros, ou coñecer máis datos sobre nós, pódeste pasar polo local, na Rúa do Pombal 18, todos os martes e xoves de 17h a 20h. Recomendamos, tamén, a lectura das informacións recollidas nos diversos medios de comunicación, e especialmente a seguinte páxina de compostelacultura Un saúdo. ¡A troita continúa!.
[+] Máis
Asinado: Troita
ACAMPAMENTO NO NADAL
Publicada o 12/12/2005

Entre os días 1 e 5 de xaneiro, coa colaboración da Asociación Espazo Aberto Galiza, na Fonsagrada, volveremos sentir a natureza da montaña lucense. Se tes entre 8 e 17 anos non dubides en apuntarte canto antes: o prazo pra inscribirte rematará o martes 27 de decembro.
[+] Máis
Asinado: Itaca
NUNCA MÁIS - MANIFESTACIÓN 13 DE NOVEMBRO
Publicada o 10/11/2005
¿Estamos preparados para outro Prestige?
Desde a Federación Itaca animamos a todos os nosos socios/as a participar na mobilización que terá lugar este domingo 13 de novembro ás 12 da mañá na Alameda de Santiago co lema "Evitemos outro Prestige".Toda a información en http://www.plataformanuncamais.org/
[+] Máis
Asinado: Permanente da Fed. ITACA
VIII DIFUNTAZA
Publicada o 27/10/2005
Outro ano máis xuntarémonos no “Franco profundo”, diversas dimensións das nosas existencias. A Difuntaza volverá a guiar a conexión entre @s que estamos acá e os que xa van alá, xuntos na construcción dunha nova orde social-gastronómica. O manifesto , recolle diversos fenómenos estraños que tivemos ocasión de observar ao longo deste ano, coa emerxencia dunha nova dimensión: a de “espiritus en funcións”. Nesta páxina , podes repasar os manifestos que a “iluminada” visión da Difuntaza foi quen de recoller en edicións anteriores.
[+] Máis
Asinado:
MAGOSTO - VI CONCURSO DE RECEITAS CON CASTAÑA
Publicada o 27/10/2005

Outro ano máis os malleores inxenios da cociña daranse cita na Federación Itaca para amosar ao mundo as súas receitas para a tempada da castaña 2005. Vendo o que foi o desfilie da III edición nos podemos facer unha boa idea do nivel que se da nesta cita.

Será o sábado 19 de novembro a partir das 19:00 no local da Federación.
Toda a información sobre o Concurso en Ver documento (pdf)

Este ano o Concurso de Receitas de Castaña estará patrocinado polo GARUM café-bar

[+] Máis
Asinado: Comisión de Actividades da Fed. Itaca
ESPAZO ABERTO
Publicada o 21/10/2005
Abrimos o ESPAZO ABERTO pra facer uso do local de forma libre. Os Martes e Xoves de 17:00 a 20:00h. Podemos participar @s de tódalas idades pero @s máis pequen@s debemos ir acompañad@s dun maior porque non haberá actividade dirixida. AGARDAMOS POR VÓS!!!!!
[+] Máis
Asinado: ITACA
VIDOVENRES: A IMAXE DA MULLER NA CATEDRAL DE COMPOSTELA
Publicada o 19/10/2005
Este venres 21, teremos unha nova actividade aberta de "videovenres". Haberá unha presentación gráfica da imaxe da muller na catedral de Santiago de Compostela, a cargo da nosa compañeira e historiadora da arte Mercedes Pintos. Daremoslle unha revisión á representación das mulleres dende á nobleza, como Berenguela ou Juana de Castro, diversas virxes ou á muller pecadora como a "adultera" de Platerías ou a "Vulvis". A acividade comezará ás 21h. no noso local. Atoparemonos unha vez máis nesta sempre agradabel, e instructiva, actividade dos venres troiteiros.
[+] Máis
Asinado: Troita
OUTRO ANO MÁIS... ESPAZO PÍCARO
Publicada o 17/10/2005
Pois si, volvemos revolucionar o mundo d@s máis cativ@s, pero nesta tempada cambiamos de día de referencia. Os Venres serán o noso tempo de troula. A hora non cambia, así que xa vos agardamos dende as 18:00 ata as 19:30h.
[+] Máis
Asinado: ITACA
ENCONTRO DE SOCIEDADES GASTRONÓMICAS DE AMIGOS DO PAÍS
Publicada o 20/09/2005
Globalización, ou a arte de pensar que unha soa lingua pode máis que milleiros delas, ou que un pensamento único, repetido coma un calidoscopio, é mais forte que centos de culturas, ideas e alternativas. Se isto é certo ¿qué é a globalización? ¿Qué a gastronomía galega e a de todas as culturas do mundo se espallen pola orbe e podamos degustar brazo de sultán de Brunei en Muros, serpe de Zimbabwe no Cebreiro ou caldeirada de raia en Ulan Bator?¿Ou é mais ben que poidamos comer hamburguesas e pizzas en todos os recunchos do planeta?. Pensando na primeira opción xuntaremos, o día 1 do outubro, “Lar de Unta” de Betanzos, Sociedade Gastronómica de Lugo e “A Troita Armada”, en Compostela, para concentrar toda a materia gastronómica de Galiza e do mundo nos primeiros encontros gastronómicos de amigos do país. Unha nova tradición, alimentada polo porquiño á brasa da sociedade gastronómica de Amil, e animada pola actuación musical de “A requinta da laxeira” de Vedra.
[+] Máis
Asinado: Troita
VIDEOVENRES FOGUETEIRO
Publicada o 31/08/2005
Un vovo videovenres presentanos, este día 2 ás 21h., o proceso de elaboración e manipulación dun bó foguete, presentado polo fogueteiro de Vedra, Juan Gaiterio. Un video de Cesar Lema, complementará a súa exposición. Sen dúbida sairán, no debate, temas de actualidade relacionados con esta tradición popular. Á volta dun novo verán dramático en incendios forestais, houbo unha importante e esperanzadora novidade: por primeira vez vimos a un conselleiro no medio dos incendios, e a tele galega presentou as novas co dramatismo e alerta que merecen. Pero outra importante novidade trouxonos a proibición de churrascos e foguetes. Está claro que contra o lume "estamos en guerra pero... hai que reflexionar". ¿E qué sitio mellor que un bó videovenres?.
[+] Máis
Asinado: Troita
XI NOITE DO POLBO
Publicada o 22/07/2005
Este ano celebraramos unha nova edición da nosa noite cun cambio de réxime. O novo goberno define a Galiza como unha comunidade nacional, e isto motívanos máis, aínda, a festexar a decadencia dos capóns cun grande.... ¡POOOOOOLBO! . A partires das nove empezaremos a degustar o polbo á feira, logo en empada e á mugardesa. O postre de queixo con marmelo, non poderá faltar. E por suposto unha copiña de champán. E incluso é posibel que dempois deste Polbo, ata os non fumadores botemos un pitillo.
[+] Máis
Asinado: Troita
VISITA Á CORUÑA
Publicada o 07/06/2005
A Coruña acolle unha parte da nosa historia. Hoxe salienta por un alcalde que, nunha especie de neocantonalismo, popularizara o lema de “A Coruña despega”, tamén releído como “A Coruña despégase”. Non obstante aí están, na historia da cidade alcaldes coma D. Alfredo Suárez Ferrín fusilado polas tropas traidoras á república, xunto co gobernador civil, o secretario do Concello, varios deputados e centos de coruñeses máis , ou Domingos Merino, socialista e nacionalista galego, primeiro alcalde da cidade unha vez reconquistadas as liberdades. Nesta cidade de contrastes, de claroscuros, florece unha parte nobre da nosa historia: a creación da musica do himno galego por Pascual Veiga nun edificio da porta dos Ares, a relación de Rosalía de Castro e Manuel Murguía na rúa do príncipe, o matemático Durán Loriga na rúa da Amargura, as creacións de Luís Seoane, persoeiros como o naturalista Victor López no colexio “Motel Touzet” que aínda conserva no seu frontal o escudo lexítimo da II república tan lembrada polo ateneo desta cidade. Antiga sede, tamén, do conservatorio nacional das artes galegas e sede da Real Academia Galega, berce de numerosas expresións da contemporánea música galega dende Os Diplomáticos a Luar na Lubre, un resistente e activo movemento asociativo, ou do arquivo do antigo Reino de Galiza . Na bisbarra desta cidade, na estrada cara a Compostela, pervive o monumento aos mártires de Carral . A descubrir parte desta historia, desprazouse A Troita Armada nunha cidade ateigada de bandeiriñas omnipresentes, desfiles militares, e barrios históricos e edificios semirruinosos. Mentres tanto bares coma o Odilo, Senín, Cátedra, Bombilla, Nova Pataca, Alameda, Enrique e tantos outros, seguen amosandonos que “beber na Coruña que bonito é”.
[+] Máis
Asinado: Troita
COMEZA O PRAZO PRA APUNTARSE AO ACAMPAMENTO
Publicada o 01/06/2005
Outro ano máis Itaca vai de Acampamento e esta vez achegámonos a onde nace o Minho, a MEIRA. Dende o primeiro de mes xa vos podedes pasar a apuntar e reservar praza calquera Martes ou Xoves polas tardes ata o 12 de Xullo.
[+] Máis
Asinado: A.X.eC. ITACA
PRIMEIRA XORNADA SILVESTRE DA FEDERACIÓN ITACA
Publicada o 30/05/2005
Xuntando o mellor de cada un de nos estamos a preparar a Primeira Xornada Silvestre da Federación ITACA.
Unha pequena pateada pola Serra do Candán da mao da Carricanta, unha cea e un almorzo ao carón do río da mao da Troita e unha velada con lume e música tradicional e durmida da mao da Asociación Itaca. Todo isto na aldea abandonada de Grovas, agochada nas proximidades do alto do Candán, entre Forcarei e Lalín o sábado 11 de xuño mañá , tarde e noite e o amencer do domingo 12
Toda unha aldea só para os socios/as e amigos/as da Federación ITACA.
En breve remitiremos unha información mais completa.
[+] Máis
Asinado: Comisión de Actividades Fed.ITACA
VISITA Á CORUÑA
Publicada o 19/05/2005
Uns días despois do cortexo cívico organizado pola Asociación de Veciños da Cidade Vella no día das letras galegas, a Troita Armada organiza outra segunda saída por esta cidade. Non sabemos se Sir Vazquez terá a ven recibirnos cun despliegue de bandeiras rojigualdas en toda a praza de María Pita coma fixo para os integrantes do cortexo cívico, o día 17. En calquera caso con ou sen recibimento institucional, ás 11 da mañá empezaremos na Porta Real, cara ao campo da Torre. Pola tarde iremos aigrexa de Santiago, Rúa Tabernas, Real Acamedia Galega, Casa de Rosalía de Castro, Fundación Luis Seoane, Praza das Bárbaras, colexiata... E cara á noitiña comprobaremos que "beber na Coruña que bonito é..." por diversos establecementos da zona vella ata que racheo día...."...e dormir de pé".
[+] Máis
Asinado: Troita
VISITA RAZONADA Á CIDADE DA CULTURA
Publicada o 10/05/2005
A Federación Itaca organiza unha visita ás obras da Cidade da Cultura para coñecer de primeira man o proxecto. Logo da visita e xa no local, teremos unha parola dun arquitecto da Coruña que nos dará outra visión do proxecto. O contraste de ideas será se acaso o máis interesante.

O casco de arquitecto e o autobús o pon a Fundación en fontiñas e os viños os poremos nos no noso local.

Data : venres 3 de xuño as 19:30 en fontiñas e ás 21:30 o charla no local de Itaca.

En breve teremos máis información.

[+] Máis
Asinado: Miguel
NOVAS PEGATAS ITAQUEIRAS
Publicada o 10/05/2005
A asociación Itaca vén de sacar unha tandada ben xeitosa de pegatas comprometidas, que está pra ver, tocar e incluso levar e colar se te pasas polo local. Agardamos que Compostela se encha de amor en galego,allos, refugallos, coches, cochos, fragas, cagadas...
[+] Máis
Asinado: Badú
CEA CABARET
Publicada o 20/04/2005
Cabaret A Troita non é nin o Kit Kat Club, nin o Tropicana, nin o Berlín Cabaret... aínda así non levaremos a tele, nin a escoba nin o sillón, e poderá pasar de todo. O que sí está garantido é un menú alemán a base de codillo, chucruc, puré, strudell e... moita cervexa. Todo esto nun cabaret onde aínda se respiran os aires árabes da última cea mencionada polo escritor Bieito Iglesias neste artigo da revista Tempos Novos do mes de abril . Bó proveito.
[+] Máis
Asinado: Troita
ASEMBLEA ANUAL
Publicada o 28/03/2005
Este sábado 2 de abril celebraremos a VIII asemblea anual da federación Itaca. Empezaremos ás 17.30h. Falaremos do informe de xestión da Permanente concretado por áreas: soci@s, comunicacións (revistaca e web), local, actividades, trámites legais, etc. Tamén se falará,no informe económico, dunha nova proposta de cotas. Elaboraremos un plan de acción anual e renovaremos a comisión permanente, para o que xa está aberto un prazo de presentación de candidaturas. Unha vez rematada a asemblea haberá unha actuación do grupo "Histeria Teatro" e un pincho amenizado con música. Vémonos alí.
[+] Máis
Asinado: Federación
CEA ARABE
Publicada o 11/03/2005
A troita cambiou a cea asturiana deste sábado 12 por unha cea arabe Xa non estamos nos tempos en que dende Asturias batíanse contra os "moros" , e Santiago deixou de ser "matar moros" para ser pelegrín. Algúns empéñanse en manter as guerras de uns contra outros. Pero nós non atopamos problemas en saborear esa mixtura de culturas, e convertir o noso local, unha vez máis, en centro da "globalización" gastronómica. Neste 11M tamén queremos acompañar, coma todos os días do ano, a todas as persoas que sufren a dór da meirande das miserias humanas: a violencia e a guerra. En Madrid, Bagdad ou calquera lugar do mundo.
[+] Máis
Asinado: troita
WWW.ITACAFEDERACION.ORG , DE NOVO EN ANTENA
Publicada o 02/02/2005
Casi dous meses durou o apagón internáutico da Federación ITACA pero de novo estamos no aire. Tivemos que superar unha chea de obstáculos para poder volver a poñer na rede a nosa páxina tendo incluso que modificar a nosa dirección en Internet ao ter sido roubada a nosa, agora somos www.itacafederacion.org (que seguramente acabe gustanto máis que a anterior)

¿Pero que foi o que aconteceu?, básicamente que a mediados de decembro caducou o rexistro do dominio e non nos lembramos de renovalo nin a empresa que nos xestiona a renovación nos avisou adecuadamente
Se esto fora unha empresa privada xa terían rodado cabezas (cando menos a miña) , se chega a ser unha institución non tería pasado nada pero por ser nos coma somos recoñecemos o erro e seguiremos a traballar para ter unha web ou nivel das nosas asociacións.

Un saúdo a tod@s e disculpas polo apagón.
[+] Máis
Asinado: Miguel
ESPAZO PÍCARO
Publicada o 20/11/2004
@s máis pequenos da federación xúntanse todos os luns no espazo máis pícaro do local. Unha actividade que, pouco a pouco, vai gañando adeptos e na que podes participar se andas polo entorno dos tres ou seis anos. Todos os luns entre 18h.e 20h. Agora que a algúns non lles presta ir detrás das pancartas de Nunca Máis, aínda que todo siga igual menos eles, @s máis picaros demostránnos que aínda queda futuro para este país. No álbum de imaxes podes ver ás últimas picaradas desta xentiña, que próximamente será ampliada con fotos da súa ultima/primeira mobilización colectiva.
[+] Máis
Asinado: web
MAGOSTO E CONCURSO DE RECEITAS
Publicada o 01/11/2004
Outro ano máis organizamos o tradicional magosto e unha nova edición do concurso de receitas de castañas . @s concursantes poderán levar un plato (doce ou salgado) de elaboración propria. A partires das 18.30h. do venres 12 , xa se poderá pasar polo local, sobre todo se se quere botar unha man na preparación. Inicialmente o magosto estaba convocado para este sábado pero adiantouse para poder participar na marea de dignidade do día 13.
[+] Máis
Asinado: Consello Permanente da Federación
VIIª DIFUNTAZA
Publicada o 28/10/2004
Outro ano máis, a Difuntaza convoca a todas as forzas do aquí, e máis de alá, que loitan pola construcción dunha nova orde social-gastronómica, de carácter global pero tamén eterno. A xente de boa fe de todos os tempos son convocadas, o venres antes de difuntos, a empregar as armas eternas da sociedade civil, o garfo e a culler, e a compartir unhas cuncas unha vez ao ano na capital de Galiza, para dende alí dar a coñecer o manifesto que, como repaso da actualidade, redacta todos os anos este ilustre congreso.
[+] Máis
Asinado: web
E OS COGOMELOS CAERON
Publicada o 25/10/2004
Coméntase nesta recente entrevista de Lara R., que Galiza é un país de tradición micófoba. Pero co paso do tempo serán os cogomelos os que se convertan en “Galífobos”, pois duns anos acá o país enteiro bótase a eles. A actividade de asociacións ecoloxistas e de animación sociocultural foi introducindo a divulgación desta práctica de enorme interese natural e gastronómico. Os concellos máis activos fóronse sumando, e hoxe somos moit@s @s galeg@s que imos a eles. Esta afección contribúe ao respecto e coñecemento do medio natural e do monte, polo que a Carricanta xa leva anos practicándoa e, por suposto, a Troita Armada apoiando con cobertura loxística e de intendencia. Na sección de imaxes pódense ver os resultados desta xornada. ¡E non temos nada máis que dicir!.
[+] Máis
Asinado: Web
AOS COGOMELOS
Publicada o 21/10/2004
Se o tempo o permite, e de momento as previsións son moi boas, encheremos de cogomelos as nosas cestas. A Carricanta ten organizado unha saída para este sábado a buscar uns cogomelos dos que se dará cumprida conta nas cociñas de A Troita Armada. As lepiotas e os boletos estarán case garantidas, e a ver que outros exemplares atopamos, aínda que non dean para facer filetes coma os que mostra esta foto de ediciónsanteriores
[+] Máis
Asinado: web
REVISTACA 27
Publicada o 05/10/2004
Xa está nas casas un novo número da Revistaca. As crónicas de actividades, dan paso á festa do local; á serie alternativa para a televisión chantadina “Cabo do mundo”; á figura histórica de “Ildara” no Courel; e ao libro de López Martín, “Fundamentos políticos da educación social”. “Mamá que me poño” aborda un tema crucial para @s galeg@s : o paraugas; Fotaca lémbra “Coñece o teu País” e “Can de palleiro” (asustado polo descubrimento do gusto chinés de comer aos da súa especie) vólve ilustrar lugares para o bo comer. Na editorial fálase do esforzo de comunicación da Federación, coa elaboración duns máis que dignos medios como a propia Revistaca e a Páxina Web. Finalmente, a Páxina Aberta elaborada con outras asociacións, e os comentarios sobre a película “O espírito da colmea” de V. Erice, o disco “Simetrías” de Abe Rábade, e o libro”El tamaño de una bolsa” de John Berger.
[+] Máis
Asinado: web itaca
RETOMAMOS O PULSO
Publicada o 27/09/2004
Coa volta das sempre curtas vacacións, rexurde o ritmo habitual da federación. As xuntanzas de programación comezan a ferver. A troita ten previsto unha xunta d@s soci@s para o día 1 de outubro ás 20.30, é de supoñer que se organice a Difuntaza, e a asemblea ordinaria entre outras sorpresas que, sen dúbida, xurdirán. A Carricanta, xuntarase o día 21de outubro, ás 21h, despois de subir e baixar polos picos de Europa. E diversas comisións da asociación Itaca estanse xa xuntando estes días, coas programacións de pre-monitores, o Espazo Pícaro que ten previsto comezar o 4 de outubro, a elaboración dun libro de xogo de rol, e a benvida a un compañeiro grego como primeiro colaborador da recen estreada catalogación como “asociación europea de acollida de voluntariado”. E, por parte do Consello Permanente, pensase no tradicional magosto e concurso de receitas aló polo mes de novembro en que, tal vez, este ano, alguén leve algunha castaña sorpresa.
[+] Máis
Asinado: Federacion
NOVA SUBIDA NOCTURNA AO PINDO
Publicada o 18/08/2004
No mes de xullo, a Carricanta volveu a organizar a súa tradicional subida nocturna ao monte Pindo. Desta volta a lúa chea iluminou o traxecto favorecendo a visión do Olimpo Celta. A serenidade nocturna da Pena da Moa acolleu a, xa tamén tracidional, queimada dempois de chantar as tendas. No arquivo fotográfico pódense ver imaxes da ruta.
[+] Máis
Asinado: Quico
NOVA PÁXINA WEB
Publicada o 19/07/2004
Inauguramos un formato renovado da web, co obxectivo de facela máis útil e agradábel. Incorporamos novas seccións, actualizacións e un deseño máis atractivo, e a presentación de novas de actualidade. Enriquecemos, unha vez máis, a viaxe comezada hai uns 25 anos dende a asociación xuvenil e cultural Itaca. Esperamos que sexan ben recibidas esta novidades, feitas co vagar dos que, participando da viaxe cara Itaca, nunca forzamos o camiño, como xa hai tempo nos propoñía Kavafis naquel poema adaptado musicalmente por Lluis Llach.
[+] Máis
Asinado: Comisión Web
10 ANOS DE TROITA...ARMADA
Publicada o 18/07/2004
Hai 10 anos que a asoc. Itaca comezara un novo programa, a “Ilustre Sociedade Cultural e Gastronómica, A Troita Armada”. Alá van máis de 60 rotas de viños, cen ceas temáticas, seis edicións da difuntaza, campionatos de tute ou mus, debates “videovenres” (dende a “globalización” con C. Taibo; Palestina con M. Safa; Marea Negra; “as drogas” con M.A. García ; xornalismo galego,con A. Pousa...), mais de 20 saídas gastronómicas (dende o percebe de Corme á castaña de O Courel e dende a lagosta de A Guarda ata o ourizo de Cervo); mobilizacións pola insubmisión, a guerra, a marea negra... Unha chea de actividades desta entidade “armada” de garfo e coitelo empeñada en construír unha nova orde “social-gastronómica”, e que este ano está de aniversario.
[+] Máis
Asinado: Quico
A ASOCIACIÓN XUVENIL E CULTURAL ITACA VIAXARÁ A POLONIA EN XULLO E A MEIS EN AGOSTO
Publicada o 18/07/2004
@s moz@s de 16 a 25 anos da asociación Itaca viaxarán á vila polaca de Oborniki Slaskie, no sur do país, xunto con outras tres asociacións de Malta, Portugal e Italia. A viaxe enmarcada no programa “xuventudes con Europa”, desenvolverase dos días 23 de xullo ao 2 de agosto. ( Aquí hai máis ) Por outra banda o acampamento de verán deste ano será en Meis, preto de Cambados. Ou sexa que, se tes de 8 a 17 anos e ganas de aventura, vai reservando praza para os días 3 a 14 de agosto.
[+] Máis
Asinado: Asociación ITACA
PRÓXIMAS ACTIVIDADES
- Espazo Pícaro
Día: 21/11/2008
- Espazo Pícaro
Día: 28/11/2008
- Espazo Pícaro
Día: 05/12/2008
- Espazo Pícaro
Día: 12/12/2008
NOVEMBRO
L M M X V S D
Roteiro a Allariz Roteiro a Allariz
3 4 5 6 Actividades Coincidentes 15 16
17 18 19 20 Espazo Pícaro 22 23
24 25 26 27 Espazo Pícaro 29 30
ver actividades
Fed. Itaca 2003
Día da Federación
Patera 1
Patera 1
ampliar
PÁXINAS AMIGAS
- Guía Miguelín
- Funlibre
- xogos populares
- VA-CA
ver todas