| Termo | Definición |
|---|---|
| ACARAMELAR |
Cubrir algo con azucre a punto de caramelo |
| ADEREZAR |
Preparar un manxar con condimentos |
| ADUBAR |
Colocar un alimento cru nun compoñente chamado adubo para abrandalo, conservalo ou darlle sabor |
| ADUBO |
Composto de varios ingredientes, tales como viño, aceite, vinagre e condimentos |
| ALLADA |
Mollo de aceite con pemento e allo |
| AMALGAMAR |
Mesturar a fondo varios ingredientes |
| AROMATIZAR |
Engadir a un manxar algo que lle dea aroma |
| ASAR |
Acción de cociñar ó forno, á brasa ou na grella |
| BAÑO MARÍA |
Recipiente introducido noutro que contén auga. Este pode ter auga quente se é para manter ou cociñar algo con calor; e fría ou xelo picado se é para arrefriar un manxar. |
| BATER |
Acción de sacudir unha materia ata que obteña a consistencia desexada |
| BRANQUEAR |
Meter un producto en auga fría e pólo ó lume ata que rompa a ferver |
| BRASEAR |
Cocer lentamente un producto ó forno no seu zume dentro dunha braseira |
| CACHELO |
Pataca cocida, coa pel ou sen ela, partida ou enteira |
| CALDEIRADA |
Peixe cocido con patacas e allada. Tamén, guiso normalmente de peixe, aínda que tamén pode ser de carne ou de marisco, cociñado xunto con patacas |
| Charlota |
Tarta feita con leite, ovos, azucre, xelatina, vainilla, etc. Tamén se di do pastel a base de biscoito e froita. |