Rotas de viños en Compostela
Rotas de viños en Compostela

Dende que aquel lugar da Gallaecia emprazado á beira da Vía XIX que comunicaba Braga con Astorga, por onde se instalou o achado do Bispo Teodemiro, impulsado dende o  Rei Afonso II, como Santiago apóstolo... foise construíndo Compostela coma un lugar de aluvión e tránsito de xentes.

Máis alá do empuxe de Xelmirez, a importancia dos irmandiños, da capitalidade dunha das sete provincias e cidade destacada do Reino de Galiza, da súa tradición universitaria e cultural... a importancia que foron tendo as xentes que moitas veces quedaban incluso fora das murallas medievais foi determinante do que hoxe somos. Tanto é así que algun barrio tan importante coma San Pedro aínda é lembrado coma o barrio de “Fora de Portas”.

Historia de moitos que por aquí pasaron e quedaron. Esta é a visión que presentamos nesta publicación da sociedade cultural e gastronómica “A troita armada”.  A visión de Compostela dende a diversidade dos que a fomos construíndo. A visión do tempo coma uns viaxeiros que, a modiño, nos achegamos a novas descubertas. A ruta duns camiñantes que empregamos coma transporte un valioso producto da terra, felizmente elaborado pola cultura humana: o viño.

Coa Troita Armada e as nosas máis de 60 rutas de viños polos barrios de Compostela, descubrimos a importancia da xente do Val de Amaía ou A Barcala dende o  Carme de Abaixo, ou xentes do Xallas dende Vista Alegre, de Arzúa e Melide dende San Pedro e San Lázaro, da Ulla dende O Castiñeiriño e A Pontepedriña... e de todos eles e todas elas no que hoxe xa é a comarca de Compostela.

Sae a edición desta publicación no ano de Anxel Casal, o noso editor e alcalde que, tamén viaxeiro, gobernou Compostela ata que o terror sanguinario nolo roubou, sirva coma homenaxe para el e para todas as persoas boas e xenerosas ás que a barbarie levou.

   Amosar # 
# Título do arquivo
1 San Pedro
2 Belvís
3 San Lázaro
4 Sar
5 Ensanche
6 Senra
7 Franco
8 Pelamios
9 Carme de Abaixo
10 Santa Marta
 
Páxina 1 de 2

Xenio