|
Internauta: topaches coas páxinas da Troita Armada, a proba de que neste mundo globalizado aínda quedan papeantes que resisten a invasión.
A Troita dispón dunha Santa Compaña Armada, que en vésperas do día de Defuntos percorre os composteláns bares do Franco e da Raíña. Trátase dunha santa compaña ilustrada -que reflexiona sobre o acontecido nos últimos doce meses-, pero tamén vidente -que anticipa o que ha de vir-: xa no 1.999 vaticinamos, ante o escepticismo e desdén do mesmo Fraga, a tolemia das nosas vacas. Alá eles !. Os de acolá saben de cousas que os de acá non están en condicións de entender. |
|