|
|
Asociándote terás dereito a participar das actividades, das programacións e das tomas de decisións.
Na federación Itaca estamos máis afeitos a aportar que a esixir. Asociarse na federación Itaca tamén é un compromiso de colaboración co resto d@s compañeir@s para o aproveitamento colectivo das nosas propostas. |
   |
|
| Hoxe en día os nosos proxectos céntranse en: |
|
- Campamentos para a infancia e xuventude, local para xogos, rotas para de mocidade.....Asociación xuvenil Itaca (dende 1979).
- Ceas temáticas, rotas de viños, visitas culturais /gastronómicas, local gastronómico, conferencias/debates... A troita armada (dende 1994).
- Rotas de sendeirismo, bici de montaña, natureza.....Carricanta (dende 1996).
- Entroido, San Xoan, festas, música, cine, debates ... Federación Itaca (dende )
|
|
| As cotas |
|
Por 6 € ao mes fórmase parte da federación Itaca, podendo participar plenamente, con esta cota, das asociacións Itaca e Carricanta. Para participar plenamente da Sociedade A troita armada, hai que abonar un suplemento de 6 € ao mes (excepto naqueles casos nos que, a xuízo de cada un, a situación económica persoal o faga moi custoso, en que abondará con pagar a cota común da federación). |
|
| Escribe, chama ou pásate polo noso local para asociarte ou solicitar máis información. |
|