|
  
|
|
Non somos unha empresa de servicios, nin a sucursal dunha entidade opulenta. Somos o producto do que facemos entre tod@s. @s soci@s somos a base fundamental. Entre nós construímos a federación Itaca, e Itaca constrúese para nós. Somos un proxecto en común. Coa dignidade de cidadáns, libres e comprometid@s.
|
| Federación Itaca nace da vontade de tres asociacións: da Asociación Xuvenil Itaca, da Sociedade cultural e gastronómica A Troita Armada e da, Asociación de Tempo Libre e Natureza A Carricanta, que un bó día decidiron POÑER EN COMÚN recursos,proxectos e ideas para participar dunha organización común |
- Porque a suma de vontades multiplica os resultados.
- Porque compartir esforzos e recursos resta problemas.
- Porque a división de intereses, opinións e actividades mantén vivas as asociacións.
- Porque queremos crear impacto no mundo asociativo e sociocultural da cidade.
|
 |
| A Federación conta cun modelo organizativo de seu, cunha Asamblea Xeral, na que participan con voz e voto todos os asociad@s das distintas Asociacións, e cunha Comisión Permanente elexida en Asamblea |
 |
Tras sete anos de funcionamento da Federación, xa se ten posto en marcha boa parte do proxecto e creemos chegado o momento de profundizar un pouco máis nos retos que se lle presentan, que son tamén retos para o mundo asociativo no novo milenio:
- as relacións entre as asociacións e as institucións nos denominados Estados sociais e Estados do Benestar,
- a autonomía financeira das entidades sen ánimode lucro,
- poñer en marcha a participación dos cidadáns na xestión dos seus intereses de lecer, culturais, e de interacción,
- cómo ofrecer proxectos e servicios de calidade.
Por todo isto, e máis, seguiremos existindo |
 |
 |
Asociación Xuvenil e Cultural |
|
 Avalada por unha experiencia de 18 anos, esta asociación segue a desenvolver programas de animación sociocultural no tempo libre para a mocidade e a infancia, abranguendo dende os 4 ós 18 anos.
A participación, a acción, o xogo, a aventura, definen a súa finalidade: educar, descubrindo o valor da amistade, do traballo e o esforzo persoal e colectivo, do contacto coa natureza.
A través da ludoteca ofrece un programa de xogos permanente, que se reforza con outras actividades tradicionais para nenos e mozos como son os campamentos, saídas, rotas, etc.
Non deixes de apuntarte.
|
 |
Asociación de Tempo Libre e Natureza |
|
O seu propósito é descubrir aspectos e lugares pouco coñecidos, fóra dos circuitos turísticos habituais, co obexctivo de compartir situacións e momentos difíciles de repetir. Trátase de recuperar o pracer de ve-las cousas a modiño, a ritmo de calcetín. Un novo concepto de facer senderismo, sen tratar de batir ningún record de distancia ou velocidade.
¡Prepara a mochila e vén!
|
 |
Sociedade cultural e gastronómica |
|
A Troita é unha Organización Armada que loita contra o imperio das comidas precociñadas, enlatadas, clembuterolizadas e hamburguesizadas que nos asoballa. As súas armas son a faca, o garfo e a culler, e o seu fin rachar coa dominación e construir a nosa propia liberación nunha orde social-gastronómica.
A gastronomía non é só un obxecto central, senón tamén unha disculpa para realizar actividades moi diversas e, sobre todo, para cultivar as relacións e desfrutar da boa mesa. As ceas no local e as saídas trimestrais a festas gastronómicas, pasando polas rotas de viños máis emblemáticas da cidade, son algunhas destas actividades nas que podes participar.
Se tes apetito de algo así non o dubides, na Troita está o teu sitio.
|
|