Sabado 31 de xuño. Rota de viños coruñentos. Iremos ver se A Coruña ten Plan ou non ten Plan.... +Ler novas...
Noite do polbo. 24 de xullo
Como é tradición o apóstolo virá a Pombal 18 a ver os fogos de cores en honor a Prisciliano.
E o verbo farase polbo e cohabitará connosco. ... +Ler novas...
Saída de troitalevín. Sábado 10 de xullo
O sábado 10 unha nova saída de Troitalevín. Desta volta iremos en familia a coñecer o dolmen de Dombate e o castro de Borneiros. Xantaremos nalgún pinar dunha praia de Corme ... +Ler novas...
Roteiro por ourense.Sábado 3 de xullo
O sábado 3 de xullo teremos un roteiro por Ourense da man de Bieito Iglesias, esta será a rota que fagamos: 11 da mañá: Praza Maior diante do Concello Visita ás Burgas, á catedral e arredores, ao casco antigo en xeral, con paseo ata o Parque de San Lázaro e regreso pola rúa do Paseo deica o restaurante “Casa de María Andrea”, na praza Eironciño dos Cabaleiros (dá tamén á rúa San Miguel) 14:30 h.Xantar na Casa de María Andrea. Café nas cafeterías da Praza Coronel Ceano... +Ler novas...
XORNADA POLA CAUSA
DESCRICIÓN: un día solidario para arranxos no local (pozo negro, baixos das portas, limpeza...).
Satisfacendo a unha enchenta de peticións, o compañeiro Serxio animouse a facer unha das súas estupendas paellas. De maneira que a ementa da xornada pola causa será: 1-Quiche de trigueiros, queijo e cogumelos.
2-ARROZ ESPECIAL PARA TROITEIROS/AS (especialidade do nosso alacantino galegizado Sergio Mula)
3-Copa de queijo e morangos sobre gelatina de froitas
Qu... +Ler novas...
VENRES 16: Videovenres, memoria histórica
VENRES:VIDEOVENRES, MEMORIA HISTÓRICA. DESCRICIÓN: ¿canta xente queda nas cunetas, en fosas comúns,en predios descoñecidos..?¿Cantas vidas rotas hai detrás de eles?, ¿Quen eran?. Mesa redonda: Lourenzo Fernández Prieto: Catedrático de historia contemporánea da U.S.C., e ex-vicereitor de relacións institucionais. Especialista en historia agraria e a memoria histórica.Ten publicado varios artigos en revistas especializadas, traballos colectivos e autor do libro “labregos con ciencia... +Ler novas...
Videovenres cultura mariñeira
O vindeiro venres oito de maio teremos ocasión de aproximarnos á cultura mariñeira da man de Luis Rei e a Proxección do documental: Txincherpe sobre as viaxes a Terranova e a fundación desta localidade Guipuscoana por mariñeiros galegos. Luís Rei: bibliotecario, técnico cultural, escritor e animador sociocultural. Comisario das exposicións “o mar tamén ten muller, “O Grobe, femenino plural” e exposición da cultura mariñeira de Brest 2008. Membro da federación de cultura mariñ... +Ler novas...
Saída Troitalevín: Pan de Cea
A Troita xunto cos seus alevíns partirá para as terras ourensáns do concello de Cea este sábado, 18 de abril. O sábado pola mañá coñeceremos o mosteiro de Oseira da man dos seus monxes e o museo Liste (primeira apeiroteca do país). Asemade daremos un pequeno paseo ata o forno comunal de San Martiño (1.5Km). Comeremos á beira do río canalizado polos monxes para abastecer ao mosteiro. Pola tarde faremos un percorrido polo casco histórico de Cea para visitar os fornos rehabilitados e d... +Ler novas...
Videovenres gastronómico
Este venres 27, as 20.30 disfrutaremos dun videovenres gastronómico da man de Xavier Castro e Mercedes Pintos dúas persoas que teñen estudado a historia da vida cotidiana arredor dos xantares e "beberes". Tamén poderemos catar un chopiño de crema de grelos , espetiño de polbo, tosta de lacón, mexillón en tres salsas e empanada de maza e bica de noces. Xavier Castro: Catedrático de historia contemporanea da U.S.C. Autor de libros míticos ente os que salientar o galeguismo na encrucillad... +Ler novas...
XVI Noite do Polbo
Mais de cen rutas de viños que levamos feito na cidade. Retomamos a zona nova da man dunha burgalesa-galega de pro, e intentaremos aclararnos sobre as cuestións que formula: "Como que fora tan doado. No ecuador que en toda vida marcan os 40 eu me pregunto ¿qué é novo? ¿qué é vello?. Como que fora tan doado. Como burgalesa e a miña colega Pilar identificarase coa expresión “vamos a lo viejo o vamos lo nuevo” véxome no reto de pasearvos polo novo nunha ruta cargada de nostalxia, des... +Ler novas...
Rota de viños pola zona nova
Mais de cen rutas de viños que levamos feito na cidade. Retomamos a zona nova da man dunha burgalesa-galega de pro, e intentaremos aclararnos sobre as cuestións que formula: "Como que fora tan doado. No ecuador que en toda vida marcan os 40 eu me pregunto ¿qué é novo? ¿qué é vello?. Como que fora tan doado. Como burgalesa e a miña colega Pilar identificarase coa expresión “vamos a lo viejo o vamos lo nuevo” véxome no reto de pasearvos polo novo nunha ruta cargada de nostalxia, des... +Ler novas...
Troitalevín
O vindeiro 31 de maio, preparamonos a saír polo mundo acompañados daquelas personiñas máis novas ás que tanto queremos. Non sempre van quedar na casa. Coñeceremos o Centro Arqueolóxico do Barbanza,o castro de Neixón e a necropoli megálitica . Faremos unha pequena ruta de senderismo polas distintas mamoas e, na subida á necropolí visitariase a fervenza de Cadernoxo. A excursión rematará cun serán de praia, das moitas que teremos para elexir.
... +Ler novas...
Rota de viños descendente: de Basquiños ao Pombal
Viños pola Compostela asociativa, do local da Gentalla do Pichel ao local da Troita Armada, paradas en lugares estratexicos con apetecibesi caldos, cea no local a cargo de prestixiosos chefs. Alá estaremos! ... +Ler novas...
Saída a Fontsagrada
"O lado escuro amañece de novo cunha proposta para hedonistas ortoréxicos a procura da felicidade. O proxecto é a toma das terras estremeiras da Fonsagrada, paisaxes de cotas medias e baixas entre os 1.000 e os 200 metros pero de pendentes abruptas, laboradas polo canon do Návia. Cultura de transición cara a Asturies, bosques mediterráneos e atlánticos no mesmo espazo, gastronomía poderosa, lecer ata o amencer e cultura política radical de carallo.
... +Ler novas...