|
"A TROITA" é unha Organización Armada que loita contra o imperio das comidas precociñadas, enlatadas, clembuterizadas e hamburguesizadas que nos asoballa. Pretende, mediante a insubmisión a este marco alienante da relación comida/individuo, que fai da comida un rancho e do individuo un recruta, impor o protagonismo da sociedade civil. As súas armas son a faca, o garfo e a culler, e o seu fin, rachar coa dominación e construír a nosa propia liberación nunha nova orde social-gastronómica. |