|
Para mellor comer
|
|
O FUMET: o fumet é um caldo de peixe (ou marisco) que fazemos para reforçar este sabor em sopas, arrozes e outras elaboraçons. Fai-se cozendo umha espinhas, cabeça ou restos peixe branco em auga e se podem engadir hortaliças, limón, vinho branco, etc. mais compre que o fumet nom coça mais de meia hora e imediatamente retirar os restos de peixe pois senom liberariam substáncias que degradam o sabor do mesmo.
|
|
|
FROITAS OXIDADAS: algumhas froitas oxidam e afeiam quando as pelamos, é o caso das maçás, pêras ou as bananas, para evitar este aspecto compre adereçá-las cumhas pingas de limóm imediatamente depois de mondá-las.
Un saúdo. Paco
|
|
|
|
Para comer mais san
|
|
IOGUR
E o resultado da fermentación do leite por microorganismos vivos (Lactobacillus bulgaris, Streptococcus thermophilus) que transforman parte da lactosa en ácido láctico.
Nutricionalmente o iogur é practicamente igual ao leite pero a fermentación fai que o leite estea predixerido. Aínda que o ácido láctico formado actúa como conservante, o iogur ten que conservarse en frío. Axuda ao equilibrio da flora microbiana intestinal, especialmente despois de antibióticos e de problemas gastrointestinais; parece que potencia a acción do sistema inmunolóxico, o tránsito intestinal, diminúe o nivel de colesterol e mesmo se pensa que pode previr certos tipos de cancro. Aalgúns iogures se lles engaden, ademais dos microorganismos mencionados, outros (Lactobacillus acidophilus e Bifidobacterium) semellantes aos presentes no intestino. Desde 2004 pode denominarse iogur pasteurizado ao sometido a ese tratamento térmico. A consecuencia é que se elimina toda a flora bacteriana, polo que a duración aumenta ata 3 meses e non precisa conservarse en frío, pero os seus beneficios nutricionais redúcense enormemente.
Astor Camino X, Astor Camino M. Alimentación saudable. 2008,
Edicións Xerais.
Saúde. Pepa
|
|