A Fed. Itaca é membro de
Quen somos
- Federación
- Páxina Inicio
- Local Social
- Faite Socio/a
- Contacta
Sendeirismo
- Actividades
- Fichas de Rutas
- Asoc. Carricanta
Gastronomía
- Actividades
- Asoc. A Troita
Xogos
- Actividades
- Asoc. Itaca
Fotografías
- Imaxes
Publicacións
- A Revista
- Páxina Aberta
Enlaces
- Páxinas Amigas
Outras
- Documentos
- Historico Novas
O Foro de Itaca
Opinións
Histórico
  ASOCIACIÓN
Acampamento en Meis 2004
XUVENIL ITACA
Actividades ] BOI ] Poema ]
A Asociación Xuvenil Itaca leva xa dende 1980 desenvolvendo actividades de tipo lúdico e didáctico con rapazas e rapaces de tódalas idades: acampamentos de verán, Semana Santa ou Nadal, saídase rotas por Galicia e parte do estranxeiro, obradoiros de teatro, manualidades, expresión, todo tipo de xogos, noites activas, celebración de cumpreanos... E moitas outras festas, claro.
actualizada: 24/05/2004 
16 de Xullo do 2004:
      Este verán será distinto en Itaca. Ante a posibilidade de poder viaxar ata Polonia e a escasa dispoñibilidade de monitores/as para asistir ao acampamento no mes de xullo, vímonos na necesidade de alterar o calendario normal das actividades, para tentar facilitarvos a participación nalgunha (ou todas) das actividades que plantexamos ( aquí as tes ). A continuación, explicamos cales son as alternativas que programamos. Agardamos que sexan do voso interese.
      Os membros do Foro da Mocidade de Compostela que somos Itaca, xunto cos Parrulos, Espazo Aberto e Galiza Nova, organizamos un Concerto pola Língoa o vindeiro 28 de Maio, na praza de Cervantes, ás dez da noite. E antes, ás oito, haberá un pasarrúas con Xilbarbeira. Se queredes máis información, podedes descarga-lo póster que anuncia o concerto.
      Acampamento Itaqueiro 2004. Será en Meis, do 12 ó 24 de Xullo, pra rapazas e rapaces de 8 a 17 anos, e ó prezo habitual (aínda sen fixar) de 150 euros prós non socios, 100 prós socios. Coma sempre, a Asociación Xuvenil Itaca, polo seu carácter social, facilitará a participación ás familias con menos recursos. ¿Preguntas? ¿Dúbidas? Chama ó 981 56 22 50 os martes e xoves de 5 a 8.
      "Rol, vicio e subcultura". Definitivamente, o grupo de rol dos maiores está a funcionar a toda caña (de feito, agora estamos a baixa-lo ritmo porque se achegan os exames). Se tes interese en participar nas nosas partidas (agora mesmo estamos a xogar ó Fanhunter, ou en organizar algunha, escribe a denis arroba glug punto es. Mais información
      ¡Sete Noites en Alaska, a revista de creación literaria da Comuna de Letras de Itaca, está a prepara-lo seguinte número. Coma sempre, estamos abertos a tódalas escritoras e escritores que queiran participar. Pra saber cómo facelo, ponte en contacto con denis arroba glug punto es. Mais información.
     Que acontece cos maiores? Seguimos con ganas de descubrir Europa, e desta vez temos posibilidade de organizar outro intercambio cun novo país, alá onde os días duran seis meses e as noites outro tanto... Noruega! Se queredes informarvos, pasade polo local martes e xoves de cinco a oito, chamade ó 981 56 22 50, ou enviade un e-mail a asociacionitaca@yahoo.es . Non esquezades dárno-los vosos teléfonos e correos electrónicos para cando convoquemos as xuntanzas.

      ¡Para os que tedes entre 6 e 12 anos temos un roteiro que vos descubrirá a vosa bisbarra, esas paisaxes que tedes aquí ao ladiño e seguramente non coñezades. Iremos por Brión, dende o 4 até o 6 de decembro, aproveitando a ponte da Constitución para facer roteiros moi interesantes, coma o dos cruceiros ou a ruta rosaliana, facer amig@s e pasalo ben. Para apuntarvos, pasade os martes e xoves deste mes de 5 a 8 da tarde polo local. Tedes até o xoves 30! Non esquezades que tedes que traer cuberta unha autorización e ficha médica, ademais de pagar 5 € se sodes soci@s ou 10 se aínda non. Sairemos o día 4 ás nove da mañá, e chegaremos o día 6 pola tarde, sobre as sete.
Páxinas conformes co HTML 3.2, construídas baixo Linux co Mozilla Firebird e o Gimp, software libre e libertario.
Estas páxinas vense mellor a máis de 800x600 e 16 millóns de cores, utilizando o Calquera Navegador. Pero o Internet Explorer é unha kk. ¿Aínda non te decataches?