A Fed. Itaca é membro de
Quen somos
- Federación
- Páxina Inicio
- Local Social
- Faite Socio/a
- Contacta
Sendeirismo
- Actividades
- Fichas de Rutas
- Asoc. Carricanta
Gastronomía
- Actividades
- Asoc. A Troita
Xogos
- Actividades
- Asoc. Itaca
Fotografías
- Imaxes
Publicacións
- A Revista
- Páxina Aberta
Enlaces
- Páxinas Amigas
Outras
- Documentos
- Historico Novas
O Foro de Itaca
Opinións
Histórico
ASOCIACIÓN
XUVENIL ITACA
BOLETÍN
OFICIAL
de ITACA

[ Volta á presentación ]

Esbardallamentos, novas, comentarios e solicitudes de Itaca para Itaca e para o Mundo. Arquivados aquí pra fundamentalistas devotos ou xente moi aburrida.

07.10.03 N.S. do Rosario

Superhome en Compostela

A policía municipal, taxistas, varrendeiros e media ducia de viandantes foron testemuñas poucas horas denantes da ialba de hoxe dun estraño suceso. Un individuo en bicicleta cunha cámara de vídeo por diante e unha capa de Superman por detrás patrullou a forte ritmo as costas abaixo e costas arriba de grande parte da zona vella. ¿Sairía de Conxo? ¿Tratarase de SuperChapapotter? ¿Ou será o Super-Home do que falaba Nietzsche? A pañoca está na póla.

A Páxina Gueb, anovada

Dun día para o outro, a páxina gueb de Itaca pasou de ter como portada unha foto do acampamento de Balboa e informa-ción para o acampa-mento de Lira a... Non imos desvelar no BOI os actuais contidos: www.federacionitaca.org e comproba por ti mesma/o. A páxina lévaa Denis con algo de colaboración do grupo de Letras, pero calquera pode botar un cable en ideas, imaxes e contidos. Así que, ollo ó piollo.

A Permanente

A xuntanza que a Permanente tiña previsto realizar hoxe trasládase para xoves ás 8. Nela dilucidara-se o procedemento a seguir nas obras que están en marcha e mirarase de solucio-na-las tensións ou incomunicacións que entre a AX e esta se veñen xestando ó respecto nas últimas semanas

¿en outono Q

Itaca ten que definir ou redefini-lo seu Proxecto. As maneiras de aportar un grao de area neste proceso son moi variadas e cadaquén debe atopa-lo seu camiño. Unha maneira moi útil é a elaboración de docu-mentos escritos que desenvolvan razoada-mente algún eido, ben a modo de descrip-ción, crítica, proposta ou mera reflexión, pois o documento escrito facilita a comunicación diatópica e diacrónica.

Itaca en obras

Os contentores de lixo da rúa do Pombal apareceron esta tardiña misteriosa-mente cheos de xeso, escaiola e porespán. Un individuo con pinta de Clar Kent e mono branco e un peludo con barbas e medio dente enfundado nun mono azul parecen ser os responsables do suceso.

xogo. "tiro á copa"

Trázase no chan unha circunferencia circular redonda e tense unha tiniña con auga no centro. Tense unha cunca no medio da tina e téntase atinar coa chapa ou moeda na cunquiña dende fóra da liña.

fe de erro

No BOI do día 4 informábase de que Lara rematara as prácticas de Dire. En realidade foi o título de Monitora o que acadou. Felicidades igualmente, Lara.

08.10.03 Bríxida

Sabela dimite

Como membro da Permanente e dentro dela responsable do local, Sabela agarda á vindeira asemblea para cesar nas súas funcións. Compromi-sos persoais xa a viñan mantendo unha miga afastada en tempos recentes. ¿Quen de Itaca asumirá o seu rol?

Sae a lúa

Espléndida está a Lúa estes días en Compostela. Dá gusto camiñar pola rúa de día e de noite. Non se ve unha nube e o sol quenta aínda que bate vento nordés frío de cando en cando. A Lúa ponse marela e longo branca radiante no ceo entre as estrelas e Marte polo medio. Venus non aparece neste equinocio polo hemisferio norte e outono, di Xosé María Lema, ten un ar aínda máis limpo có da primaveira. Antón Lopo opina que a luminosidade dos días de sol en outono son os millores para sacar fotos. A xente pasea pola rúa, uns a pé, outras en bicicleta, e ata agardar polo bus non é nada incómodo.

A escaiolista xa cobrou

Escaio non está claro, pero lista é coma un allo. A paisana da empresa da escaiola xa cobrou toda a obra e aínda non a rematou. Hoxe falaba de leva-los andamios e mailo material. ¿Que pasa co almacén? De limpar xa non falemos.

¿en outono Q

Lara, a que non fixo as prácticas de directora senón de monitora e xa entregou a memoria, foi raptada polos de Ditea por causa do cabalo de troia que lle metemos dentro. Outra maneira de velo é que Itaca se expande e primeiro pasamos material para o local do lado e agora empezámo-lo trafego de persoas. Xa que Lara se mete a actriz, que alguén lle botase unha man coa Revistaca non viña nada mal.

itaca en obras

Sobre a retirada de escombro Badú opina que cómpre chamar un container para baleirar todo de vez. Outra opción é ir facéndoo ós poucos nos contentores do Pombal. Hoxe, polo menos, fregaron no chan Badú e Lara.

Magosto

Aínda non é pero tampouco falta tanto. Será no mes de Santos. Ídeo tendo en mente, gardando óco, e a ver se para daquela o local está aquelado.

xogo. "atletismo dixital"

A maneira máis fácil de aprender a tirar coas chapas. Aliñadas as chapas en cadanseu circuíto en forma de "U" con ancha e longa rúa para fomenta-la autoestima, xógase por turnos. A chapa que sae da rúa voltará ó principio e a que chega ó final merece un aplauso.

09.10.03 Denís

Novas Creadoras

En representación do Grupo de Letras, Lara, a que sacou o título de monitora, e Denís, o que está hoxe de santo aínda que non o celebre, asistirán a unhas xornadas en Gandarío de "Novos Creadores e Intérpre-tes" para presentar 7 Noites en Alaska.

A Porta Santa

A bonanza climática que estas semanas vive Compostela insta ó turista de idade media a pasear pola zona vella coa cámara na man. A porta que está pechada trala reixa entre figuras do mestre Mateo na Quintana dos Mortos está sendo moi gravada en vídeo esta tempada.

¿en outono Q

Chapas e Caricas, a empresa inexistente de xogos populares precisa de artistas artesáns que pinten unhas chapiñas. En breve farase unha convocatoria para participar na primeira sesión pública, Bota unha man, artista.

itaca en obras

A cousa non é facelo perfecto, senón face-lo que millor se poida. A cousa non é facer todo dun golpe, senón ir facendo e xera-la sensación de que non se perde o ritmo. Cadaquén cando poida, cadaquén no que poida. Bota unha man, artista, cómpre rexenerar Itaca.

formación

Tense falado máis dunha vez da posibilidade de que Itaca argalle mecanis-mos de formación interna. Ben que persoas de Itaca lle ofrezan coñecemen-tos e habilidades de maneira organizada a outras itaqueiras, ben facer solicitude a axentes alleos que poidan colaborar para cubrir lagoas de formación que se detecten. A formación pode ser práctica ou teórica, de habilida-des monitoriais ou procedementos de xestión, habilidades sociais ou reflexión filosófica... A convinza deste espacio é comunmente asumi-da, o que faltan son propostas para o artellar.

xogo. "escondite inglés"

Cando tes unha morea de rapaces pequenos que non sabes como carafio facer porque te dominan por todos lados -opina o vello amigo Lleeeims, no seu célebre tratado "Como ser monitor de masas sen quedar coma unha uva pasa"- o mellor é xogar ó escondite inglés: manda-la tropa toda ó quinto demo e canto máis lonxe millor, logo virarse e dici-las palabras máxicas "Un, dous, tres, escondite inglés, sen move-las mans nin os pés" e inmediatamente da-la volta. Quen se mova, pró comezo. Facéndoo ben, podes ter un cuarto de hora tranquilamente de descanso. Logo disto é millor que teñas algo preparado ou que fuxas por patas, tamén dicía.

10.10.03 Tomé de Vilanova
Luar en Penatrevinca

Cada Lúa Chea é unha festa da Natureza e hai unha xente que se move polo mundo celebrando as noites de luar. Bastante á marxe do sistema viaxan, fan círculos baixo Catalina e bailan, chámanse a si Raimbow (que signifi-ca Arco da Vella) e a noite pasada celebra-ron en Trevinca. Levaban alí todo o mes facendo historias e agora en diante quen sabe onde irán.

Proposta anual

Un ano ten 12 meses con 4 estacións de 3 meses cada unha. A proposta é facer 1 programación con 4 programas de 3 meses cada un e unha festa canda o solsticio ou equinocio para celebra-lo fin dun e o comezo doutra.

As pintadas en Itaca

Alén doutros deseños, a primeira pintada mural colectiva reali-zouse nun cumprea-nos no ano 98 ou 99 do pasado milenio, e completouse en luditacas sucesivas. A zona abranguida fora fronte os baños contra o radiador. Meses despois o verde chegou á parede dos baños e o lila ó fondo de todo.
Luditacas despois apareceu Castelao e pouco axiña o espazo de cores fronte a el. A Carricanta pintou de laranxa e entón fíxose o teito con tira de papel e mancha verde
A arte de cor no local de abaixo é capítulo aparte.

¿en outono Q

¿Aínda non tés unha proposta de como repintar Itaca? ¿Pero a que estás agardan-do? Visita Itaca e escolle unha zona para a túa idea pictórica XA.

itaca en obras

Cómpre defini-los espazos da nova Luditaca. Espazos en función dos usos. Agradécense as ideas. Hai cousas faladas no Libro de Actas que en breve serán publica-das no BOI.

Precísanse pintadores de chapas

Empresa con proxec-ción no sector precisa persoas con vontade de realizar obradoiro de pintado de chapas de carreiras e conse-guinte experimenta-ción lúdica cos prototipos. Próxima convocatoria.

Xogos con paraca

Todas en roda suxeitando o paraca.
1)Meterse dentro todas as que ... (teñan gafas, saben latín...
2)Iglú. Hai que sentar sobre o paraca por dentro logo de o erguer imitando un iglú. Logo botar un conto, un chiste...
3)Os Peixes. En círculo móvese o paraca facendo ondas: é o mar. Unhas ou dúas persoas métense embaixo: son os peixes. Logo un par de mariñeiros entran descalzos sobre o paraca.
4)Glup. Meter un balón polo burato central do paraca.

11.10.03 Soedade

CHEGOU A BRÉTEMA

Xa estaba durando este verán moito máis do que se contaba. Para a lembranza fican as vivencias baixo as raiolas dun dos comezos de curso máis soleados que lembrar se lembran. A vaga de calor de agosto chegou mesmo até Outubro, pero mainamente o Outono vai enseñoreando xa. Hoxe choveu miúdo e entre Compostela e o ceo unha suave capa de doce algodón cóbre o ar.

Déficit humano en itaca

Faltan cabezas, faltan mans e falta tempo. O grupo de pequenos anda escaso nos acampamentos e non existe durante o ano. Os medianos é algo difuso e tampouco hai demasiados. Grandes ¿grandes?, hai unha manchea deles, pero nin saben que facer con Itaca nin Itaca que facer con eles. Son o futuro. Das nais e pais de Itaca non se sabe case nada -non sendo que traen os fillos ás actividades, e xa bo é- e de monitores tampouco andamos sobradas. Entre os compromisos laborais ou de estudo, as persoas que este ano viven fóra e tal... temos dificuldades para programar, realizar actividades ou simplemente cubri-las horas de apertura do Punto de Encontro: martes a xoves de 5?30 a 8?30.

Coñece a túa bisbarra

Programa de roteiros nado ó abeiro do "Coñece o teu país" de Carricanta, aínda que nunca fopi implementado. Consistiría en roteiros periódicos pola bisbarra compostelá, de xeito que o custo de desprazamento é mínimo e as pernoctas non son imprescindibles (aínda que si interesantes).

¿en outono Q

O Outono comeza en Setembro, canda a vendima, e remate en decembro, no tempo de Nadal. Xa que Itaca non estivo lista para o tempo da vendima, si sería bonito que estivese para denantes de Nadal e facer un acto de inauguración ó que invitemos a un montón de amigas e amigos.

itaca en obras

Para poñe-lo chan novo cómpre arranxar unha miga o vello que vai ficar por embaixo.

¿alguén sabe que facer co porespán branco?

Estaba no teito pero caeu. Non vale para pegar con ningún pegamento normal e de todos é sabido que se esfarela. Hai unha chea de pranchas e se alguén sabe que facer con el, que o leve, senón vaise tirar.

Xogo "Balon man de dedo"

Superficie lisa de 3x5 e 2 equipas de 7 chapas. Tráxase o medio do campo e porterías a ambos lados. Xógase por turnos facendo avan-zar (cara adiante) cada chapa entre outras dúas (propias ou alleas). A ver cantas se fan gol.

01.10.2003

¿Neve en Itaca?
Non exactamente. As obras que debían rematar para Santa María víronse influídas pola vaga de calor e chega o primeiro de outubro e aínda recente se estaba rematando de poñe-lo teito de escaiola novo. Subvención europea acadada por Nerea e Bernal pra anovar local e luditaca.

¿Nova Itaca?
Unha nova xeración de mozos e mozas de Itaca, provinte do grande grupo de maiores de Ares organizouse por vez primeira para facer unha saída itaqueira. En tres xuntanzas no local da Troita, a primeira a proposta de Chouri, dúas, tres e uaala, a voar. Agardamos ansiosos que nos conten que descubriron, que aprenderon, que fixeron, que viron.

As Ons, ese paraíso ghipi cuberto de chapapote. ¿Está moi suxo o Burato do Inferno? ¿Abonda con dúas tendas para quince? ¿Paga a pena leva-lo campingás? ¿Que tal, Lara?

¿En outono Q?
Itaca aberta a ideas para facer cousas no outono inverno. Hai cousiñas xa faladas. Agradécense mans e ideas para anova-lo proxecto Itaca.

Itaca en obras
Itaca é parte da cidade e como parte da cidade que é tamén está en obras. Teito de escaiola, parqué no chan, andeis novos, novas luces, haberá que decidir que xogos e que libros e que cores e que historios queremos para a nova luditaca.

A empresa da escaiola
Unha gheta coma un piano. Xa cobraron parte antes de empeza-la obra e querían cobrar todo antes de rematar. Un día ven a señora polo local e, como non cobra, ó día seguinte arramplan con todo o material para outra obra e deixan a Itaca un mes mangada.

Proxecto de prácticas de Brais
Ten que facer 150 horas de "dinamización ou coordenación de grupos en actividades de tempo libre" do 01 ó 25 de outubro. O proxecto OU TUBRO, OU NON TUBRO supón face-lo que haxa que facer en Itaca (por exemplo a papiritaca, publicidade, definir proxecto e obras: mudanza, lixo, paredes, chan, zócalo) e promover actividades dentro e fora de Itaca.

Chapas e Caricas é unha empresa que está por inventar, que poña no mercado utensilios creados de maneira artesá e fomenten o xogo colectivo e tradicional. A idea é aprenderlle a moita xente a xogar ás chapas e dar pé a cousas.

Páxinas conformes co HTML 3.2, construídas baixo Linux co Mozilla Firebird e o Gimp, software libre e libertario.
Estas páxinas vense mellor a máis de 800x600 e 16 millóns de cores, utilizando o Mozilla Firebird (ollo, non o Mozilla clásico), que podes descargar grátis e é estupendo. O Internet Explorer é unha kk. ¿Aínda non te decataches?