A Fed. Itaca é membro de
Quen somos
- Federación
- Páxina Inicio
- Local Social
- Faite Socio/a
- Contacta
Sendeirismo
- Actividades
- Fichas de Rutas
- Asoc. Carricanta
Gastronomía
- Actividades
- Asoc. A Troita
Xogos
- Actividades
- Asoc. Itaca
Fotografías
- Imaxes
Publicacións
- A Revista
- Páxina Aberta
Enlaces
- Páxinas Amigas
Outras
- Documentos
- Historico Novas
O Foro de Itaca
Opinións
Histórico
ASOCIACIÓN
XUVENIL ITACA
E velaiquí estamos de novo, cun novo deseño da páxina (aínda que se lle asemelle moito á anterior) e tamén novas historias pra sumar ás que xa tiñamos en marcha, máis obradoiros e propostas... ainda que, por suposto, seguimos a mante-las actividades de sempre: pateadas, acampamentos, cumpreanos... ¡E ímos poñer en marcha a Biblioteca! ¡Pero mírao ti mesmo/a!.

Estas son as actividades que levaremos a cabo de outubro en diante:


calendario
Cumpreanos Infantís
Comuna de Letras
Vicio e Subcultura
Roteiros pola Bisbarra (ou non)
Pero, sobre todo, lembra: ¡Itaca somos tod@s!. Se queres organizar algunha actividade, tes suxerencias, ou ganas de da-la brasa, ¡Vente a Itaca! ¡Escríbenos! (Pombal 18, baixo, Santiago) ¡Chámanos! (981 56 22 50).
¡Itaca es tí!

  Cumpreanos infantís
Xa sabedes: se queres convidar @s colegas a celebra-lo teu aniversario, participando en milleiros de xogos, nun local cheo de diversión, celébrao connosco. Para iso tedes que avisar (con antelación de unha semana, máis ou menos) a Badú, chamando ás tres/catro da tarde ou a partir das dez da noite ó  981 56 13 91. En principio, celebrámolos tódolos días da semana excepto os sábados (nos que temos actividades), con rapaces de calquera idade, e, se queredes, facémo-la compra (quitando a tarta).Acordadevos que agora hai que ser socio para poder celebralos.

As tarifas son as seguintes:

ALUGUEIRO DO LOCAL POR MONITOR/A (*)
SOCIOS 6 euros (1.000 pts) 15 euros (2.500 pts)
(*) Partindo de 2 monitores (16 nenos), mais outro monitor por cada 8 nenos.
De facérmo-la compra engádense 6 euros (1000 pts) ó total.

  Comuna de Letras
¡¡¡Ola, literat@s!!! Se teades ganas de expresarvos libremente, de coller un boli e un papel e esbardallar poemas, comedias, dramas, ideas, contos fantásticos, relatos reais, soños, temores, tiras cómicas, garabatos de todo tipo... Aquí nos tedes. Pensada especialmente para vós, nesta era de chateos, mensaxes xeroglíficas e conversas nas que a palabra escrita é case un xoguete, a Asociación Xuvenil Itaca preséntavos... ¡tachán! A Comuna de Letras.

A Comuna é un espacio contínuo no que todos podedes participar. Dende ela estamos a desenvolver os seguintes proxectos:

  BiblItaca:
Por fin abrímo-la nosa biblioteca. Mil exemplares de tódolos xéneros, linguas, tempos e lugares agardan ser lidos nas nosas estanterías.

  PapirItaca:
A nosa particular crónica anual das aventuras no acampamento itaqueiro.

  Sete Noites en Alaska:
Sete Noites en Alaska naceu en setembro do 98 coma alternativa para un grupo de moz@s da A.X.Itaca con inquedanzas artísticas, que buscaban un xeito de se expresar. Logo dun parón, o segundo número viu á luz a comezos do outubro do 2002. O terceiro número está quentiño, Outubro do 2003. ¡Pero queremos máis!. Por iso precisamos da túa axuda, da colaboración de xente á que lle guste escribir, filosofar, debuxar, fotografar...

Envíanos o teu material ó local (Rúa do Pombal 18, baixo, C.P. 15705 de Santiago). Se xa o tes dixitalizado e só hai que maquetalo, envíao a Denís en sharazad@programmer.net, con indicacións de cómo o queres ver publicado, se queres. Se escribes en castelán, portugués ou inglés, envíao a lararl@eresmas.com para traducilo. Aceptamos poemas, relatos, obriñas teatrais, debuxos, banda deseñada, fotografías ...

¡anímate!

As traduccións serán á variedade estándar ou normativa da lingua galega, mais nas versións orixinais aceptamos calquera outra. Respectaranse integramente os textos, e podedes asinar co voso nome ou pseudónimo que queirades, pero asinádeo. En caso de enviar material gráfico, ten en conta que a revista imprímese en branco e negro.

Velaiquí a editorial da revista no número 3:

Seguimos no camiño. Evolucionamos. Miudiño, pero constantemente, os nosos pasos van marcando o percorrer das letras. Letras que oulean ó longo de sete noites.
Unha noite máis, traemos ata o lume novas historias, novos relatos, novas creacións... Para compartir con quen, coma nós, asexa na escuridade na procura de esferas que só existen máis alá do intelixible.
Achégate ó lume...

  Vicio e Subcutura
¿Quen non quixo nunca, ó ler un libro, ser protagonista de aventuras fantásticas en mundos arcaicos onde a maxia e a espada abren o camiño a tesouros agochados? ¿Ou moverse polas rúas molladas dunha grande cidade en sombreiro e gabardina co ritmo do blues? ¿Viaxar en naves espaciais a traves dun océano de estrelas, pra chegar alí onde nengún itaqueiro chegou antes?

As Xornadas de Vicio e Subcultura son un compendio de todo iso: Rol, Cómics, Cine, Xogos de estratexia e táctica... Vexamos o que hai previsto:

Partidas de "Fanhunter, o xogo de rol épicodecadente".
Imaxina un mundo onde o cine, a música non sacra, o rol, a estratexia, os xogos de ordenador, as patacas fritas, os cómics, os polos de fresa ácida, os libros, a plastilina, o teatro... todo, Todo, TODO o que poida resultar divertido está prohibido polo Papa Alejo I, gobernante supremo do Reino de Dick na Terra ("Dick é Deus e eu o seu profeta"), despóta e sanguinario, barbas e sociópata, opresor e carismático que conquistou Europa cunha mistura de tiranía e bo rollo.

Ah, pero neste futuro postchorrapunk un pequeno grupo de valentes resiste agora e sempre ó aburrimento e a tiranía. A Resistencia loita soterradamente contra as forzas papais, soñando con un día en que o mundo volva a ser libre... E tí con eles, tentarás forxar un futuro mellor. Ou simplemente consegui-lo último exemplar intacto da "Enciclopedia Délfica" do mestre Miguelanxo Prado, Presidente da República no exilio.
 

Partidas de "Warhammer". Monta, pinta e dirixe exércitos de orcos, elfos, humanos e ananos nun mundo fantástico onde as forzas do caos e da orde loitan polo control da terra. Constrúe escenarios e maquetas para ambienta-las batallas.
 
E máis, moito máis: cinefórums, intercambio de cómics e libros de todo tipo, dende poesía a ciencia ficción, conversa amena, risa constante, e vai ti a saber que máis se nos ocurre. ¿Ideas? ¡Pois vente connosco!
 

Como as sesións de Vicio e Subcultura son bastante intensas (soemos adicarlles toda a tarde), o noso horario e calendario son flexibles e adaptámonos ó tempo que temos disponible. Se queres informarte de cándo é a próxima sesión escribe a sharazad@programmer.net ou chama a Denís ó 981 89 13 08 (mellor a iso das 10 da noite).

 Roteiros pola Bisbarra (ou non)
Pois sí. De cando en vez dannos arroutadas e alá imos, polos camiños do mundo, a descubrilo.
Cando hai algunha ponte longa, ou vacacións tipo Nadal ou Semana Santa, organizamos saídas pola Galiza adiante. En teoría, pola bisbarra, pero co tempo a idea creceu (de aí o "(ou non)" da cabeceira) e, por exemplo, no nadal do 2002 fomos ve-la merda nas costas da FerrolTerra que o o des-Prestige do goberno botou.

Como novidade interesante, este setembro probámo-la organización sindical de base: o grupo dos maiores preparou unha marcha, eles soíños (boeno, os monitores ímos para evitar demasiados disparates, claro), por Ons. Agardamos que deste xeito vos impliquedes un pouco máis nas marchas.

Como esta actividade é bastante irregular e depende moito dos exames e outros enredos, non podemos dicirche cando vai se-la próxima. ¡Pero non deixes de mira-la páxina, porque cando a teñamos preparada habémolo anunciar!

Páxinas conformes co HTML 3.2, construídas baixo Linux co Mozilla Firebird e o Gimp, software libre e libertario.
Estas páxinas vense mellor a máis de 800x600 e 16 millóns de cores, utilizando o Mozilla Firebird (ollo, non o Mozilla clásico), que podes descargar grátis e é estupendo. O Internet Explorer é unha kk. ¿Aínda non te decataches?