A Fed. Itaca é membro de
Quen somos
- Federación
- Páxina Inicio
- Local Social
- Faite Socio/a
- Contacta
Sendeirismo
- Actividades
- Fichas de Rutas
- Asoc. Carricanta
Gastronomía
- Actividades
- Asoc. A Troita
Xogos
- Actividades
- Asoc. Itaca
Fotografías
- Imaxes
Publicacións
- A Revista
- Páxina Aberta
Enlaces
- Páxinas Amigas
Outras
- Documentos
- Historico Novas
O Foro de Itaca
Opinións
Histórico
ASOCIACIÓN
XUVENIL ITACA

O Acampamento do 2004 será, moi posiblemente, en Meis, do 12 ó 24 de Xullo. Podedes informarvos máis no número 981 56 22 50, os martes e xoves de 5 a 8 da tarde.

A Asociación Xuvenil Itaca organiza acampamentos tódolos anos pra rapazas e rapaces de oito a dazasete anos, duns quince días, en diferentes lugares da Galiza e ás veces tamén fora (coma o de Balboa do 2001). Neles levamos a cabo actividades de todo tipo: obradoiros de artesanía, xogos, actividades de praia, veladas, teatro... Todo incluído no contexto dos valores que Itaca promove: cooperación, solidariedade, ecoloxía, igoaldade, integración, pacifismo...

Do acampamento, cinco días (tres para os pequechos) adícanse ás marchas: un longo roteiro polos arredores, con acampadas e vivacs. O derradeiro domingo é o Día da Federación, no que os pais veñen a integrarse na dinámica do acampamento (non a levar ós nenos). Outros dous días, contra o final, adícanse ó Grande Xogo, no que as rapazas e rapaces saen á percura dalgúnha meta misteriosa que pon o remate épico ás dúas semanas de convivencia.

¡Fotos! Pica nas imaxes pra velas en grande (400x600, aprox. 40k).
O noso troglodita particular, criado 100% na casa, durante a montaxe. ¡Velaiquí a tribu ó completo!.
Por incrible que pareza (¿ou non?), os pequechos eran os mais limpiños. Aquí temos, como contraste, ós maiores.
Pois... Vouvos ser sinceiro. Non teño nen idea do que está a pasar nesta foto. Ah, ehem, sí. Chámanlles monitores, e seica son os responsables do asunto (aínda que non están todas)...
Claro, os pequechos, probes, logo das marchas, precisaron coidados intensivos. Aínda que calquera o diría, vendo como corren todo o día. E é que non paran quedos. ¡Mirade! ¿Vedes o que vos dicía? Pois así, quince días.
[ Volta á presentación ]
Páxinas conformes co HTML 3.2, construídas baixo Linux co Mozilla Firebird e o Gimp, software libre e libertario.
Estas páxinas vense mellor a máis de 800x600 e 16 millóns de cores, utilizando o Mozilla Firebird (ollo, non o Mozilla clásico), que podes descargar grátis e é estupendo. O Internet Explorer é unha kk. ¿Aínda non te decataches?