 |
 |
 |
 |
Quen somos |
 |
|
 |
Sendeirismo |
 |
|
 |
Gastronomía |
 |
|
 |
Xogos |
 |
|
 |
Fotografías |
 |
|
 |
Publicacións |
 |
|
 |
Enlaces |
 |
|
 |
Outras |
 |
|
|
|
 |
|
 |
 |
O Foro de Itaca |
 |
|
|
|
 |
|
|
 |
 |
 |
|
A Federación Itaca |
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
 |
A Federación Itaca nace da vontade de tres asociacións: da
Asociación Xuvenil Itaca, da Sociedade cultural e gastronómica
A Troita Armada e da, Asociación de Tempo Libre e Natureza A
Carricanta, que un bó día decidiron POÑER EN COMÚN recursos,
proxectos e ideas para participar dunha organización común |
|
 |
|
|
|
- Porque a suma de vontades multiplica os resultados.
- Porque compartir esforzos e recursos resta problemas.
- Porque a división de intereses, opinións
e actividades mantén vivas as asociacións.
- Porque queremos crear impacto no mundo asociativo e sociocultural da cidade.
|
|
 |
|
|
 |
 |
|
A Federación conta cun modelo organizativo de seu, cunha Asamblea
Xeral, na que participan con voz e voto todos os asociad@s das
distintas Asociacións, e cunha Comisión Permanente elexida en
Asamblea |
|
 |
|
Tras sete anos de funcionamento da Federación, xa se
ten posto en marcha boa parte do proxecto e creemos chegado
o momento de profundizar un pouco máis nos retos que
se lle presentan, que son tamén retos para o mundo asociativo
no novo milenio:
- as relacións entre as asociacións e as institucións
nos denominados Estados sociais e Estados do Benestar,
- a autonomía financeira das entidades sen ánimo
de lucro,
- poñer en marcha a participación dos cidadáns
na xestión dos seus intereses de lecer, culturais,
e de interacción,
- cómo ofrecer proxectos e servicios de calidade.
Por todo isto, e máis, seguiremos existindo |
|
 |
|
 |
ITACA |
Asociación Xuvenil e Cultural |
|
|

Avalada por unha experiencia de 18 anos, esta asociación
segue a desenvolver programas de animación sociocultural
no tempo libre para a mocidade e a infancia, abranguendo dende
os 4 ós 18 anos. A participación, a acción,
o xogo, a aventura, definen a súa finalidade: educar,
descubrindo o valor da amistade, do traballo e o esforzo persoal
e colectivo, do contacto coa natureza.
A través da ludoteca ofrece un programa de xogos
permanente, que se reforza con outras actividades tradicionais
para nenos e mozos como son os campamentos, saídas,
rotas, etc.
Non deixes de apuntarte.
|
|
 |
CARRICANTA |
Asociación de Tempo Libre e Natureza |
|
|
O
seu propósito é descubrir aspectos e lugares pouco
coñecidos, fóra dos circuitos turísticos
habituais, co obexctivo de compartir situacións e momentos
difíciles de repetir. Trátase de recuperar o pracer
de ve-las cousas a modiño, a ritmo de calcetín.
Un novo concepto de facer senderismo, sen tratar de batir ningún
record de distancia ou velocidade. ¡Prepara a mochila
e vén!
|
|
 |
A TROITA |
Sociedade cultural e gastronómica |
|
|
A
Troita é unha Organización Armada que loita contra
o imperio das comidas precociñadas, enlatadas, clembuterolizadas
e hamburguesizadas que nos asoballa. As súas armas son
a faca, o garfo e a culler, e o seu fin rachar coa dominación
e construir a nosa propia liberación nunha orde social-gastronómica.
A gastronomía non é só un obxecto central,
senón tamén unha disculpa para realizar actividades
moi diversas e, sobre todo, para cultivar as relacións
e desfrutar da boa mesa. As ceas no local e as saídas
trimestrais a festas gastronómicas, pasando polas rotas
de viños máis emblemáticas da cidade,
son algunhas destas actividades nas que podes participar.
Se tes apetito de algo así non o dubides, na Troita
está o teu sitio.
|
|
 |
|
|